Llanos, Arquivo

Llanos, Arquivo
[IND/ARTE]

Arquivo de fotografía histórica en que se recollen diferentes imaxes de Francisco Llanos Mas, Francisco Llanos Trápaga e Ángel Llanos González. Na súa maior parte corresponden a fotografías da cidade de Vigo e dos seus arredores, así como da cidade da Coruña. O 14 de setembro de 2001 o Concello de Vigo organizou a exposición O que Vigo lle debe ao mar, onde se incluíron algunhas imaxes deste arquivo.