Llanos González, Ángel

Llanos González, Ángel

Fotógrafo. Comezou como fotógrafo con seu pai, Francisco Llanos Trápaga. Colaborou, entre outros medios comunicación, con Faro de Vigo, La Voz de Galicia, El Pueblo Gallego, La Noche e El Correo Gallego. Durante a Guerra Civil Española colaborou na fronte de guerra co tamén fotógrafo Jalón Ángel. Realizou diversas exposicións en Vigo e na   Coruña, en que incluíu sobre todo imaxes históricas de ambas as dúas cidades. Foi galardoado con dúas cruces ao Mérito Militar e co título de Vigués Distinguido (1986). Recibiu o titulo de asociado de honra (1994) da Federación de Asociaciones de la Prensa de España.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Vigo