Lobato Sánchez, Xurxo
Fotógrafo. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, foi redactor xefe de fotografía de La Voz de Galicia e responsable do seu Arquivo Gráfico. Dirixiu cursos de fotoxornalismo na UIMP. Colaborador en medios como El País, El Periódico, La Vanguardia ou Cover, as súas obras, que pertencen ás coleccións de Unión Fenosa, do Museo Reina Sofía ou do IVAN, apareceron en libros de G. Torrente Ballester, Manuel Rivas ou Suso de Toro. Participou en exposicións fotográficas en Nova York, París, Stutgart, Chicago ou Londres e en publicacións colectivas como Galicia a pié de foto (1987), A memoria recobrada (1998) ou Carlos Casares: a semente aquecida da palabra (2003). Recibiu o Premio da Crítica na sección de Ciencias e Artes da Representación (1991), o Premio Compostela’93 , o Premio Ortega y Gasset de fotoxornalismo (2003) e o Premio Doñana (2004).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : A Coruña