Lobeira

Lobeira
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe que trae por armas, en campo de sinople, unha cabeza de lobo de ouro, lampasado de goles, surmontada dunha estrela de ouro de oito raios. Entre outras numerosas variantes cómpre citar: en campo de sinople, dous lobos de ouro pasantes, un sobre o outro, colocados en pal, acompañados dunha estrela do mesmo metal de oito raios, situada no cantón destro do xefe. Tamén se recolle coa forma castelanizada Lobera.