Lobios, San Miguel de

Lobios, San Miguel de

Igrexa parroquial situada en Lobios. Construíuse na metade do s XVII e foi consagrada en 1755. Dunha soa nave, ten torre barroca de planta cadrada, que se adianta á fachada principal e crea un pórtico de entrada. Diferéncianse nela tres corpos, dos que destaca a balaustrada que está decorada plenamente barroca así como a cúpula de remate.