Lodi
Lodi
Capital da provincia homónima, situada en Lombardia, Italia (39.636 h [2001]). Situada á beira do río Adda, é un centro agrícola destacado. Ten industria téxtil, alimentaria, de cristal e de maquinaria agrícola. Antiga Laus Pompeia, no s IV converteuse en sé dun bispado poderoso, enfrontado co de Milán. Destruída polos milaneses (1110) foi reconstruída por Federico I Barbarrubia en 1158. Xibelinos e güelfos alternáronse no goberno. En 1454 foi asinada a paz entre Francisco I de Milán e Venecia. A cidade foi asignada finalmente aos Sforza e seguiu a sorte do ducado de Milán. Entre os seus monumentos destacan o Broletto (ss XIII-XIV), a catedral (s XII) e a igrexa de San Francisco (ss XIII-XV).