Lofoten
Lofoten
Arquipélago de Noruega, situado no fylke de Nordland (1.227 km2; 28.000 h [estim 1980]). Está situado ao longo das costas noroccidentais de Noruega, ao S das illas Vesterålen, no Océano Atlántico. As principais illas son Austvågøy, Vestvågøy, Flakstadøy e Moskenesøy. O clima é benigno, grazas á corrente marítima do N do Atlántico. A pesca do bacallau é a principal fonte de ingresos. O centro principal é Svolvaer.