Logos

Logos
[RELIX]

Termo adoptado da filosofía grega do logos, co que o cuarto Evanxeo designou a Palabra creadora, encarnada no home Xesús Cristo. A encarnación é, sen embargo, un elemento novo e alleo ao pensamento grego. A doutrina do Logos foi desenvolvida a partir do Evanxeo de Xoán, polos apoloxistas cristiáns desde o s II, principalmente Xustino e Teófilo de Antioquía. Segundo os gnósticos, é o elemento racional da divindade que comunica o home coa vida divina. No s III Oríxenes definiuno como elemento divino activo e conformador, e ao Espírito Santo como substrato da vida divina. As controversias arriana, nestoriana e monofisita empobreceron a concepción cristiá do Logos e recluírona no marco estreito da ortodoxia trinitaria.

Palabras veciñas

logoplexía | logorrea | logos | Logos | Logos | logoteta | logotipo