Logroño

Logroño

Municipio e capital de La Rioja, situado na ribeira dereita do Ebro, preto da confluencia co Iruega (133.058 h [2001]). É o centro máis activo de La Rioja, cunha destacada industria, especialmente alimentaria (elaboración de produtos agrícolas, conservas e viño).   Atópase á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago, polo que a cidade adquiriu relevancia a partir do s XI. Do seu patrimonio cultural destacan as igrexas de San Bartolomé (ss XIII-XV), declarada Ben de Interese Cultural (BIC, 1866), a de Santa María del Palacio (BIC, 1943) e a catedral de Santa María de la Redonda (BIC, 1931).