Lois González, Rubén Camilo
Lois González, Rubén Camilo
Xeógrafo. Especialista en análise xeográfica rexional, as súas principais liñas de investigación céntranse no proceso de urbanización e nas súas consecuencias, na morfoloxía e planificación urbanas, nas actividades pesqueiras e na ordenación dos espacios mariños. Das súas obras destacan A gandería na Ulloa. Repercusións nas paisaxes agrarias (1988) e, en colaboración, Manual de Historia Contemporánea Universal (1988-1990), Viveiro: achegamento á realidade dun núcleo urbano galego (1986), A Montaña galega: o home e o medio (1993), Xeografía de Galicia (1988), Dicionario de Geografía, urbana, urbanismo y ordenación del territorio (2000) e Galicia (2003).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Palas de Rei