Lois Monteagudo, Domingos Antonio
Lois Monteagudo, Domingos Antonio
Arquitecto barroco. Formouse na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e en Roma, a onde marchou pensionado en 1753. Durante a súa formación asistiu ás obras do Palacio Real de Madrid e foi delineante do convento da Visitación, tamén en Madrid. Desde 1765 traballou na catedral de Santiago, onde colaborou nos proxectos para a capela da Comuñón e dirixiu as obras da fachada da Acibechería. Tamén traballou no pazo dos Marqueses de Bóveda, en Lugo. Marchou de Santiago de Compostela e continuou traballando con Ventura Rodríguez en Santa Fe (Granada), onde realizou a colexiata.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Loureiro, O Irixo -
Deceso
Lugar : Granada