Lolland

Lolland

Illa de Dinamarca situada no Mar Báltico, ao S das illas de Sjaelland e Fyn, separada delas polos estreitos de Smålandsfarvandet e Lagelands Baelt, respectivamente. Unida por dúas pontes á illa de Falster, forma con ela o amt de Sotrstrøm. A súa capital é Maribo.