Lombardo-Véneto, Reino

Lombardo-Véneto, Reino

Posesións italianas constituídas polo Milanesado e o territorio italiano da República de Venecia, que foron cedidas a Austria polo Congreso de Viena (1815). Lombardia uniuse ao Reino de Italia pola Paz de Zúric (1859) e Véneto pola Paz de Praga (1866).