Long Beach
Long Beach
Cidade do estado de California, EE UU, situada ao S de Los Angeles, á beira do Océano Pacífico (461.522 h [2000]). Ademais dun gran porto e unha praia de 11 km de lonxitude, ten refinerías de petróleo, industrias mecánicas e construcións aeronáuticas.