Longueuil
Longueuil
Cidade da provincia de Québec, Canadá (127.977 h [1996]). Situada na ribeira do río San Lourenzo, fronte a Montréal, constitúe unha importante área suburbana residencial e industrial, e ten construcións aeronáuticas. Coa anexión de Montréal Sur (1961) cuadruplicou a súa poboación.