López García, Xoán Luís
Pintor. Coñecido como Juan Luis, fíxose cargo do taller familiar de pintura, desde o que deseñou o cartel para as festas do apóstolo de 1915, e a portada para o Libro das Peregrinacións. Aproximouse ao ambiente modernista e prerrafaelista da época e colaborou coa revista Suevia. Madrid foi a súa segunda residencia, e en 1920, concorreu á Exposición Nacional onde expuxo, entre outros, o Tríptico de Pentecostés, realizado para a Capela do Espírito Santo da Catedral de Santiago de Compostela. En 1922, enviou os cadros O Pobre do Sar e Ofelia Aldeá á Exposición Nacional, polo que recibiu a segunda medalla do certame. A Deputación da Coruña concedeulle unha bolsa, por Mulleriñas (1920), e viaxou a París, onde tomou contacto co postimpresionismo. En 1929, para a Exposición Iberoamericana de Sevilla, realizou un friso que obtivo o primeiro premio, con oito escenas da historia de Santiago de Compostela. En 1934, obtivo, no II Certame do Traballo (Ferrol), a medalla de ouro e Premio Extraordinario do Presidente da República polo cadro Muller degrañando o millo. Concedéronlle a medalla de ouro da Exposición Nacional de Belas Artes, en 1943, polo seu cadro Mulleres mariñeiras. Recibiu o título de Cabaleiro de Compostela e a medalla de prata e Diploma ao Mérito Artístico. Parte da súa obra consérvase no pazo de Mariñán.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Santiago de Compostela -
Deceso