López Lorenzo, Siro

López Lorenzo, Siro

Xornalista e artista. Iniciouse como debuxante en 1970 na revista Chan, coas ilustracións Os nenos de Siro. Colaborou en Ferrol Diario e publicou en El Ideal Gallego o primeiro curso de idioma galego en prensa O tío de Xurxo. En La Región creou o espazo Con esta lupa, xunto con Carlos Casares, onde analizaba cuestións de política internacional en galego. En 1978 publicou na revista Grial os relatos titulados 20 entullo. En 1985 comezou a colaborar con La Voz de Galicia, xornal no que dirixiu o suplemento de humor Xatentendo.com. Publicou os álbumes Humor 71, Probes homes (1975), Os pecados capitais (1977), Homes e mulleres (1980) e Siro 30 anos despois (2000). Tamén publicou os libros Como debuxar caricaturas (1991), Castelao humorista (1996) e Celestino Fernández de la Vega (2002). Foi galardoado co Premio Merlín (1980), o Premio Internacional Vieira de Humor Gráfico (1982), o Premio Fernández Latorre (1986), o Premio Galicia Comunicación (1996) e a Medalla de Galicia (1997).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Ferrol