López Mira, Álvaro Xosé

López Mira, Álvaro Xosé

Profesor e investigador. Doutor en Dereito e licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía, exerce a docencia de Ciencia Política e da Administración na facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigo, e é autor dunha prolífica obra investigadora que abrangue temas como o nacionalismo, a organización territorial ou os sistemas electorais e políticos de Galicia. Da súa obra científica, publicada en parte en diversos países de Europa e Latinoamérica, cómpre citar O nacionalismo galego e o futuro do nacionalismo (1996), Territorio e democracia (1996), A Galicia irredenta (1998), Un modelo de organización territorial para Galicia (2000), Introdución ao sistema político español (2001), Portugal, a rexionalización imposible (2002), Galicia e Portugal: a fronteira esvaída (2002) e a biografía Alfredo Brañas. O precursor do nacionalismo político galego (2004). Recibiu o Premio de Humanidades e Ciencias Sociais da Deputación de Pontevedra, o Alexandre Bóveda e a insignia de ouro da UNED.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Pontevedra