López Pereira, José Eduardo
Profesor e investigador. Licenciado e doutor en Filoloxía Clásica pola Universidad de Salamanca, é catedrático de Filoloxía Latina na Universidade da Coruña. Director xeral de Universidades da Xunta de Galicia desde 1997, foi bolseiro da Deustcher Akademischer Austauschdienst e profesor da Universidade de Santiago de Compostela, onde traballou na recolleita da documentación latina de Galicia entre os ss VIII e XIV. Dirixe no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades o proxecto de elaboración do Corpus Documentale Latinum Gallaeciae. Da súa produción destacan O primeiro espertar cultural de Galicia (1989), Exeria. Viaxe a Terra Santa (1991), Códice Calixtino: O libro do peregrino (1993) e Cultura, relixión e superstición na Galicia sueva: Martiño de Dumio “De correctione rusticorum” (1997). En 1994 recibiu o Premio Taboada Chivite de investigación.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Trasalba, Ourense