Lopo Liáns Lias
Lopo Liáns Lias
Trobador galego. De condición nobre, quizais sexa natural de Liáns (Oleiros). De cronoloxía discutida, hai quen o declara activo a mediados do s XIII, nos últimos anos do reinado de Fernando III ou nos primeiros de Afonso X (segundo a posición que ocupa nos cancioneiros); ou entre o terceiro e último cuarto do s XIII (segundo as características da linguaxe e as personaxes citadas na súa lírica). A súa lírica caracterízase pola súa habilidade paródica e expresiva e pola súa variedade estrófica e versificatoria. Durante moito tempo identificouse erroneamente con Lopo Díaz de Haro. O Cancioneiro da Biblioteca Nacional e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana atribúenlle un descordo a un infanzón de Castela e 19 cantigas de escarnio.