Lorca
Lorca
Municipio de Murcia, situado na beira do río Guadaletín (77.477 h [2001]). É un centro comercial e agrícola do Campo de Lorca e posúe pequenas industrias alimentarias e de cemento. Cidade romana, foi sé episcopal no período visigodo e durante o dominio árabe converteuse nunha taifa independente. Reconquistada no s XIII, serviu de base de operacións aos Reis Católicos contra o Reino de Granada. Do seu patrimonio cultural destacan as murallas, os castelos medievais e a colexiata (1533), cunha portada barroca do s XVIII.