Lorestān
Lorestān
Ostān de Irán, situado nunha zona montañosa das serras de Zagros (28.392 km2; 1.656.952 h [estim 2001]). Comprende as terras de pasto e os establecementos das tribos lurs. Ten agricultura e practícase o nomadismo. A súa capital é Khorramābād (272.851 h [1996]).