Lorquí

Lorquí

Municipio de Murcia, regado polo río Segura (5.644 h [2001]). A agricultura é unha das principais actividades económicas. Destacan as froiteiras, as hortalizas, o algodón, as amendoeiras, os cereais e as oliveiras. Ten industria conserveira e de fabricación de tea metálica. Son características as noras, das que destaca a do Rapao (s XVIII).