Losar de la Vera

Losar de la Vera

Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura, situado ao N do río Tiétar (3.070 h [2001]). Ten agricultura de regadío, da que destaca o cultivo de tabaco, algodón e pemento, e de secaño, con oliveiras e viña. A industria é derivada e baséase na elaboración de chocolate e pemento.