Lotario I
Lotario I
Emperador de Occidente (840-855) e rei de Italia por cesión do seu pai (820-855), de Borgoña (840-855) e de Lotarinxia (840-855), fillo de Ludovico Pío. Foi asociado ao goberno e coroado emperador no 823. Á morte do seu pai loitou contra os seus irmáns, Luís o Xermánico e Carlos o Calvo, pero conservou Italia, Provenza e Frisia. No 855 dividiu os seus estados entre os seus fillos, Luís II, que foi emperador e rei de Italia; Lotario II, rei de Lotarinxia; e Carlos II, rei de Borgoña.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Aquisgrán