Louredo, San Salvador de

Louredo, San Salvador de

Igrexa parroquial situada en Mos. Caracterízase por conservar a porta e o tímpano románicos, con ornamentación por ambos os dous lados. O anverso decorouse cunha cruz rodeada de rosetas con bólas e con axadrezado e o reverso cun entrelazado cruciforme.