Lourenço, jogral

Lourenço, jogral

Xograr pobablemente portugués. Non esta documentado historicamente pero, a xulgar pola cantigas satíricas que escribiu e por outras que lle dedicaron, relacionouse con trobadores e outros xograres activos no terceiro cuarto do s XIII. Estivo vinculado ás cortes de Afonso X o Sabio e Afonso III de Portugal e, durante algún tempo, estivo ao servizo de Johan Garcia de Guilhade. O Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana atribúenlle dúas cantigas de amor, sete de amigo, unha de escarnio, tres tenzóns en que é o primeiro interlocutor e cinco en que responde aos ataques satíricos ou xocosos doutros poetas. Así, trobadores como Pedr’Amigo de Sevilha, Pero Gomez Barroso e Johan Garcia de Guilhade en cantigas de escarnio e maldicir ridiculizan as súas facultades versificatorias, acusacións das que se defende enaltecendo o seu propio talento á hora de compor cantigas.