Lourenzá, San Salvador de
Lourenzá, San Salvador de
Mosteiro situado no lugar de Vilanova (Lourenzá). Foi fundado polo conde Osorio Gutiérrez, o Conde Santo, na primeira metade do s X. Puido ter ordes beneditinas de ambos os dous sexos, e de ser así manteríanse ata 1089. Reformouse nos ss XVII e XVIII. A fachada da igrexa foi construída no s XVIII por Casas Novoa e destaca o retablo maior, deseñado por Ventura Rodríguez (1766). Osorio Gutiérrez ten o seu sepulcro nesta igrexa, nun sartego paleocristián do s IV.