Louÿs, Pierre

Louÿs, Pierre

Escritor belga. Iniciador da chamada novela de costumes antigos con Aphrodite (1896), usou o elemento erótico, constante noutras novelas, en La femme et le pantin (1898). Tamén publicou libros de poemas de feitura parnasiana, como as Chansons de Bilitis (1894), e o conto satírico Aventures du roi Pausole (1901), que foi musicado por Ibert e Arthur Honegger.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Gante

  • Deceso

    Lugar : París