Lowie, Robert

Lowie, Robert

Antropólogo. Discípulo de F. Boas, formou parte do equipo directivo do American Museum of Natural History entre 1908 e 1921, e posteriormente traballou na University of California. Realizou traballos de campo entre diversas tribos amerindias das chairas do N de EE UU, como os blackfoot e os crow. Das súas obras destacan Primitive Society (1920), The History of Ethnological Theory (1937), Social Organization (1948) e Toward Understanding Germany (1954).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Viena

  • Deceso

    Lugar : Berkeley, California