Lowlands
Lowlands
Rexión do centro de Escocia, entre as Highlands, ao N, e os Uplands, ao S. É a zona máis rica e máis poboada do país. Distínguense dúas zonas, unha parte occidental, moi húmida, con pastos que permiten a cría de bóvidos; e outra oriental, con chairas máis soleadas e cultivos de trigo, avea e patacas. O solo é rico en carbón e a industria desenvolveuse ao redor das concas hulleiras. A cidade máis importante é Edimburgo.