lóxico -ca

lóxico -ca

(< lat logǐcu < grλογικός)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á lóxica.

  2. adx

    Que é conforme á razón ou ao entendemento.

  3. adx

    Que é conforme ao esperable ou ao desenvolvemento natural das cousas.

  4. adx

    Que está dotado de lóxica.

  5. adx [FÍS]

    Aplícase ao dispositivo ou circuíto que se basea nos principios da lóxica electrónica.

  6. [LING]
    1. adx

      Aplícase á linguaxe en que predomina a función representativa.

    2. orde de palabras lóxica

      Orde de palabras que se axusta ao modelo máis habitual dunha lingua. En galego esta orde adoita ser: suxeito (cos seus complementos) + predicado + complementos do predicado.

  7. s

    Persoa que se dedica ao estudio da lóxica

Palabras veciñas

lóxica | loxicismo | loxicista | lóxico -ca | loxística | loxístico -ca | Loxo