loxística

loxística

(< ingl logistics)

  1. s f [BÉL]

    Rama da arte militar que ten por obxecto proporcionar ás forzas armadas os medios de persoal, material e servicios que sexan necesarios para satisfacer en calidade, cantidade, momento e lugar axeitados as esixencias da guerra. Distínguense os órganos directivos e os executivos, que son os centros loxísticos.

  2. s f

    Conxunto de métodos e medios precisos para a organización dunha empresa, dunha estrutura industrial ou dun servicio, especialmente de distribución.

  3. s f [MAT]

    Parte da lóxica que utiliza a metodoloxía e simbolismos matemáticos.

  4. loxística industrial [ECON]

    Estudio completo do movemento de materiais na industria. Comprende o estudo das primeiras materias desde a súa orixe, o seu transporte ata a industria, o proceso produtico de fábrica e todas as almacenaxes necesarias ata a expedición do produto acabado e a súa chegada ao mercado ou ao cliente no momento e as condicións desexadas.

Palabras veciñas

loxicismo | loxicista | lóxico -ca | loxística | loxístico -ca | Loxo | loxo-