Lúa
Lúa
Publicación editada en Cornellá (Barcelona) a partir de agosto de 1996 pola Fundación Lúa, baixo o subtítulo “Revista galega de cultura e pensamento”. Dirixiuna Antonio Díaz Fernández, e incluíu información sobre actividades da comunidade galega en Catalunya, artigos e recensións de carácter literario.