Luanda
Luanda
Capital de Angola e da provincia homónima, situada na costa do Atlántico (2.555.000 h [1999]). É o segundo porto do país despois do de Lobito. No sector industrial destaca a industria alimentaria, azucreira e cervexeira, de artículos manufacturados e de cemento. Tamén ten refinería de petróleo. Fundada polos portugueses en 1576, durante tres séculos foi un centro de exportación de escravos.