Luapula
Luapula
Río de África central que sinala a maior parte da fronteira oriental da República Democrática do Congo con Zambia (1.000 km). Nace ao S do lago Bangweulu e desemboca no lago Mweru, do que xorde co nome de Luvua.