Lübeck
Cidade situada no land de Slesvig-Holstein, Alemaña (213.326 h [2000]). Situada no esteiro do Trave, é porto fluvial. Fundada e 1143 por Adolfo II, conde de Holstein, en 1158 foi cedida a Enrique de León, quen lle outorgou unha carta de dereitos comúns. Despois da vitoria de Bornhöved contra os daneses, en 1226 consolidou a súa independencia. No s XIII experimentou un grande apoxeo económico e converteuse en abandeirada da Hansa. En 1866 pasou a formar parte da Confederación de Alemaña do Norte e, en 1868, adheriuse ao Zollverein como cidade libre. En 1937 foi anexada a Prusia, e posteriormente pasou a formar parte de Slesvig-Holstein. Os seus monumentos destruídos polos bombardeos durante a Segunda Guerra Mundial foron restaurados e destacan a catedral, de estilo románico (1173-1247), e dúas igrexas do s XIII, Marienkirche e Jakobikirche.