Lucecú
Lucecú
[PUBLIC]
Revista publicada en Caldas de Reis a partir de setembro de 1985 cunha periodicidade trimestral. Editada polo Ateneo Caldense, a partir do segundo número figurou como director e coordinador José María Ortigueira Bobillo. Incluíu información municipal, historia local, etnografía, música, teatro, deporte e banda deseñada.