Lucense, El
Lucense, El
Publicación editada en Lugo a partir de 1883, e que cesou en 1901. De tendencia carlista, tivo unha segunda época a partir de 1886. Nas súas páxinas apareceron numerosos folletíns, algúns en galego como “A escola de Obreiros”, de Xesús Rodríguez López, ou “Coloquio de vinte e catro galegos rústicos”, do Padre Sarmiento.