Lucensia

Lucensia

Publicación editada en Lugo desde 1990 pola Biblioteca do Seminario Diocesano desta cidade, e que se subtitulou “Miscelánea de cultura e investigación”. De periodicidade semestral, a revista, dirixida por Gonzalo Fraga Vázquez, estruturouse en catro seccións tituladas “Estudios”, “Comentarios”, “Texto” e “Libros”, nas que tratou temas relacionados coa etnografía, antropoloxía, educación e historia en xeral da provincia de Lugo.