Lucha, La
Lucha, La
Diario dirixido por Marcelino Domingo, voceiro do Bloque Republicano Autonomista e do Partido Republicano Catalán, desde que se fundou este en novembro de 1916. Tivo unha vida moi accidentada, ata que deixou de publicarse en 1919. Incluiu artigos de Miguel de Unamuno, Pablo Iglesias e outros escritores socialistas e obreiristas do momento. O diario non fixo caso da censura previa entón establecida e foi editado de forma clandestina.