Lucha, La
Lucha, La
Semanario publicado en Ferrol a partir do 30 de outubro de 1920, como voceiro dos sindicatos escindidos da UGT local. Tivo un carácter anarcosindicalista, aínda que non hai referencias explícitas á CNT. Coñécense cando menos catro números.