Lucha, La

Lucha, La

Semanario publicado na Pobra do Caramiñal a partir do 1 de maio de 1932,   baixo o subtítulo “Órgano quincenal defensor de las entidades afectas al partido socialista y a la U. G de T”, que cesou en 1933. Dirixido á actualidade municipal, converteuse en semanario a partir do número 9. Estivo rexido por Manuel Venerando Porteiro, presidente da Agrupación Socialista local, quen logo foi substituído por Antonio Domínguez Fontán, secretario da Agrupación e dirixente do Sindicato de Oficios Varios La Unión Obrera (UGT). Ademais das colaboracións da militancia socialista da beira N da ría de Arousa, incluíu a sinatura do dirixente agrario e deputado socialista Ramón Beade Méndez.