Luciano de Antioquía, san

Luciano de Antioquía, san

Teólogo, eséxeta e mártir. Foi sacerdote en Antioquía, onde desenvolveu unha nova doutrina, que se considerou como unha das fontes do arianismo. Foi o primeiro tradutor da Biblia hebrea ao grego. Fundador da escola esexética de Antioquía, reaccionou contra a interpretación alegórica da Biblia e dedicouse á interpretación literal e histórica da mesma. Teoloxicamente defendeu o subordinacionismo (Fillo e Espírito Santo son inferiores ao Pai). Segundo a súa lenda, sometérono ao suplicio da fame durante catorce días e despois tirárono ao mar cunha pedra atada ao pescozo; no mar o seu corpo pasou outros catorce días e no décimo quinto un arroaz levou o seu corpo á ribeira. Esta lenda pode ser a orixe da tradición do traslado do seu corpo a Helenópolis, na costa de Bitinia. Na iconografía adoita representarse xunto con Marciano, case espidos, atados a un tronco dunha árbore ou a unha columna e con tizóns acendidos baixo os pés. A súa festividade celébrase o 7 de xaneiro.

Cronología

  • Deceso

    Lugar : Nicomedia