lucido -da
lucido -da
(< lucir)
-
p reg
de lucir ou lucirse.
-
adx
Que destaca polas súas boas calidades ou por estar ben feito.
Ex: Os pintores fixeron un traballo lucido, e a casa parece outra. Tivo unha lucida actuación no seu debut.
-
adx
Que presenta boa aparencia.
Ex: Chegou das vacacións moito máis lucido.
-
s
m
[CONSTR]
Revestimento dun muro ou parede para conseguir unha superficie lisa e uniforme, realizado con cemento, morteiro ou xeso.