lucido -da

lucido -da

(< lucir)

  1. p reg

    de lucir ou lucirse.

  2. adx

    Que destaca polas súas boas calidades ou por estar ben feito.

    Ex: Os pintores fixeron un traballo lucido, e a casa parece outra. Tivo unha lucida actuación no seu debut.

  3. adx

    Que presenta boa aparencia.

    Ex: Chegou das vacacións moito máis lucido.

  4. s m [CONSTR]

    Revestimento dun muro ou parede para conseguir unha superficie lisa e uniforme, realizado con cemento, morteiro ou xeso.

Palabras veciñas

Luciano de Samosata | Luciano/Luciana | lucidez | lucido -da | lúcido -da | Lucifer | luciferase