lúcido -da

lúcido -da

(< lat lŭcidu)

  1. adx

    Que ten moita luz ou claridade.

    Ex: Amenceu un día lúcido e claro.

    Confrontacións: relucente, resplandecente.
  2. adx

    Que ten todas as súas capacidades mentais en bo estado.

    Ex: Se non estás lúcido é mellor que conduza eu. Fixo testamento cando aínda permanecía lúcido.

  3. adx

    Que razoa ou analiza as cousas con claridade e intelixencia.

    Ex: É unha rapaza moi lúcida, que sabe ben o que quere.

  4. adx

    Que é propio de quen actúa con lucidez.

    Ex: Tivo unha lúcida idea.

Palabras veciñas

Luciano/Luciana | lucidez | lucido -da | lúcido -da | Lucifer | luciferase | luciferina