Lüda
Lüda
Aglomeración urbana de Manchuria, China, situada no sheng de Liaoning (1.270.000 h [estim 1985]). Situada no extremo meridional da península de Liaodong, está integrada polas cidades de Lüshun e Dalian. O seu desenvolvemento económico e demográfico iniciouse a finais do s XIX.