Lüdtke, Helmut

Lüdtke, Helmut

Lingüista. Foi discípulo de H. Lausberg e L. Weisgerber. Foi profesor nas universidades de Friburg de Brisgovia, Berlín e Kiel.   Orixinariamente romanista, publicou numerosos traballos de dialectoloxía e lexicoloxía (Die Strukturelle Entwicklung des romanischen Vokalismus, O desenvolvemento estrutural do vocalismo románico, 1956; Geschichte des romanischen Wortschatzes, Historia do léxico románico, 1968). Posteriormente estendeu as súas investigacións cara ao ambito da lingüística xeral, especialmente ás relacións entre lingua e escritura (Die Alphabetschrift und das Problem der Lautsegmentierung, A escritura alfabética e o problema da segmentación dos sons, 1969; Auf dem Weg zu einer Theorie des Sprachwandels, Por unha teoría do cambio lingüístico, 1980, e Sprachgeographische Variation und Sprachverschriftung, As variantes xeográficas da linguaxe e a súa transcrición, 1980).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Osnabrück, Saxonia