Lugansk’
Lugansk’
Capital da oblast’ homónima, Ucraína, situada na rexión de Donbass, na confluencia dos ríos Lugan’ e Ol’khovka (467.356 h [1999]). É un dos centros máis importantes da industria pesada de Ucraína. As construcións mecánicas ocupan aos dous tercios da poboación activa. Entre 1935 e 1958 chamouse Vorošylovhrad, nome que levou novamente de 1970 a 1989.